jueves, 5 de marzo de 2009

A TRAIZÓN DAS IMAXES, Castro & Quarello





A TRAIZÓN DAS IMAXES (ISTO NON É UN CARACOL.)

Isto non é un cosco nin un cascarolo nin un caracol!
Isto non é un apupo nin unha bucina nin unha buguina nin un caramuxo nin un ermitán!
Isto non é unha sambesuga nin unha lesma nin unha limacha nin un limaco con cuncha nin un espadín!
Isto non é unha navalla nin un aguillolo nin un carallote nin un longueirón!
Isto non é unha recta máis unha espiral!
Isto non é un conduto externo e un conduto enroscado!
Isto é a falsidade da representación...



ANTON FORTES & MAURIZIO A. C. QUARELLO, Caderno de animalista, OQO Editora, Pontevedra, 2008.

DESVÍO POR OBRAS: http://www.oqo.es/oqo.php