XXXII
Son unha idea súa!
Acabo de entendelo, logo
Se non a busco non son nada,
Acaso burbulliñas no romper da marea
Dalgún mar recurrente e convexo.
Nadjia móveme a min ó seu antollo,
Sen ter que botar man de mecanismos.
Agora estou sumido na catástrofe!
Son Sísisfo adaptado a outra paisaxe,
O esforzo meu é inútil coma unha vía morta
no fondo dun chineiro.
É certo. Nadja existe. Teño o dedo na chaga
Da miña profecía.
L'Énigme de la fatalité...
Son un aire de andazo
Condenado a vagar desconsolado e xélido.
XOSÉ LUIS MOSQUERA CAMBA, Nadja c'est moi, Espiral Maior, A Coruña, 2008, p. 48.
2 comments:
Pero que fas! Co ben que ía este blog e queres estragalo!
Un abrazo
Estragalo?
Como te colla o autor!
Devolvo o abrazo (en bo uso).
Publicar un comentario